En este momento estás viendo Conversamos con… Ricardo Martínez-Conde (en gallego)

Conversarmos con… Ricardo Martínez-Conde. Fervenzasliterarias.com

Analizándoa formalmente polo miúdo, atopamos na obra de Ricardo Martínez-Conde poesía, haikus e aforismos, no fondo agóchase a filosofía e a beleza. A obra do poeta de Aldariz (Sanxenxo) convídanos a unha viaxe polas profundidades do ser, do Eu; rabuña nunha natureza que -sabia e deusa ela- móstrasenos espida e clara, incitándonos á observación e a percorrer paseniñamente os seus inescrutables camiños.

Ricardo Martínez-Conde, a quen o escritor portugués José Viale Moutinho define certeiramente como o «poeta filósofo», ven de publicar en Espiral Maior Na terra desluada. Aproveitamos a conversa para debullar con el toda a súa obra anterior; abríndonos a corazón aberto as portas dunha das voces poéticas máis reflexivas e interesantes do panorama literario galego.

Cando escribes tes que marcar o teu rumbo. Case diría que o meu, o que me é o propio, sedúceme porque non sei o que é, ou cal ha ser; de aí xorden as dúbidas, ás miñas dúbidas.
De tódolos xeitos, o home -e polo tanto quen escribe-, cada día é unha persoa nova aínda que sexa o mesmo. Nese sentido todos os libros teñen que parecerse, van madurando. Xorden novas ideas, pero os elementos de referencia, o discurso, sempre é, esencialmente, o mesmo.

Medio de comunicación: www.fervenzasliterarias.com (entrevista archivada por el Centro de Documentación da AELG)

LEER ENTREVISTA COMPLETA