En este momento estás viendo Compostela, vella memoria

Atopámonos ante unha nova incursión literaria deste xa experimentado creador, que nesta ocasión realiza unha homenaxe poética ofrecida á antiga e monumental cidade de Santiago de Compostela, contemplada no seu decorrer histórico, que se presenta simbolizado a través de diferentes fases do día e de distintas situacións vitais. As ilustracións son de Javier Mourón.

(Nos encontramos ante una nueva incursión literaria de este ya experimentado creador, quien en esta ocasión rinde un homenaje poético a la antigua y monumental ciudad de Santiago de Compostela, contemplada en su devenir histórico, que se presenta simbolizado a través de diferentes fases del día y distintas situaciones vitales. Las ilustraciones son de Javier Mourón.)

O silencio de Compostela non ten fin:
é unha das súas eternidades. O silencio
sempre espera ó camiñante un pouco máis
aló: no mar, na noite espida.
Aquí é a vida da soidade máis pura.
«Non ha barqueiro nin remador»
zoa a cantiga mentres confiamos
no milagre, afeitos a vagar
na procura dese faro que alumee
o sorriso, que confirme a nosa gratitude
ó chegar o sosego, inda algo incerto

Género: Verso
Lengua: Gallego
Editorial: TresCtres
Año: 2002