Na tradición pois de Heráclito, Marco Aurelio, Pascal, Montaigne ou Nietsche, Ricardo Martínez Conde agasállanos con verdadeiras alfaias sapienciais, raianas cos proverbios, refráns, adaxios ou apotegmas, modos de expresión da realidade que concordan coa idea de que o inacabado pode e debe ser considerado como unha obra de arte. Xa que en realidade ningunha obra de arte está nunca acabada. O inacabamento esencial destas sentenzas de Ricardo Marínez-Conde e a súa principal virtude é a súa capacidade para funcionaren como un ser vivo, sempre en proceso de crecemento ou individuación.
Os aforismos de Martínez-Conde son, por outra banda resultado, non de apriorismos -velaquí a súa diferenzas dos axiomas- senón de experiencias concretas, tiradas de múltiples eidos da vida ou da nosa relación coa realidade. E abranguen temáticas moi diversas, en xeral, os grandes asuntos, temas e teimas que preocupan ao ser humano.
Un amplo e contextualizador limiar de Anxo Tarrío Varela, que define o autor destas sentenzas como escritor de “cerna densa”, e unha fermosa ilustración na cuberta de Ánxela Pérez Meilán converten esta publicación nun meiró rebordante de sabedoría concentrada en formas microliterarias. Un barco solitario entre a néboa, como escribe Anxo Tarrío.
Francisco Martínez Bouzas (Novenoites)
En la tradición de Heráclito, Marco Aurelio, Pascal, Montaigne o Nietzsche, Ricardo Martínez-Conde nos presenta auténticas joyas de sabiduría, que rozan los proverbios, dichos, refranes o apotegmas, modos de expresión de la realidad que concuerdan con la idea de que lo inacabado puede y debe considerarse una obra de arte. En realidad, ninguna obra de arte está jamás terminada. La inconclusión esencial de estas frases de Ricardo Martínez-Conde, y su principal virtud, reside en su capacidad de funcionar como un ser vivo, siempre en proceso de crecimiento o individuación.
Los aforismos de Martínez-Conde, por otro lado, no son fruto de apriorismos —en esto reside su diferencia con los axiomas—, sino de experiencias concretas, extraídas de múltiples ámbitos de la vida o de nuestra relación con la realidad. Y abarcan temas muy diversos, en general, las grandes cuestiones, temas y obsesiones que preocupan al ser humano.
Un prólogo amplio y contextualizador de Anxo Tarrío Varela, quien define al autor de estas frases como un escritor denso, y una hermosa ilustración de portada de Ánxela Pérez Meilán convierten esta publicación en un compendio rebosante de sabiduría concentrada en formas microliterarias. Una barca solitaria en la niebla, como escribe Anxo Tarrío.
Francisco Martínez Bouzas (Novenoites)
Ordenar, contar as follas unha a unha ata conseguir un libro, ata acadar o número de palabras escollidas que, por unha ou outra causa, non chegamos a pronunciar (Ordenar, contar las páginas una a una hasta conseguir un libro, hasta alcanzar el número de palabras elegidas que, por una u otra razón, no logramos pronunciar)
O dia está feito de sol, de cousas que se tocan coa man, de palabras. Iso axuda a entender, a ordenar, a sentir. Constitúen así a compañía, a paisaxe (El día está hecho de sol, de cosas que tocamos con las manos, de palabras. Eso nos ayuda a comprender, a ordenar, a sentir. Así, constituyen la compañía, el paisaje)
Género: Aforismo
Lengua: Gallego
Editorial: Trifolium
Año: 2012
