En este momento estás viendo Lento esvaece o tempo

Ben mirado, se algunha cousa non precisa de xustificación esa non pode ser outra cá poesía. Porque é ou non é. E a súa presencia xustificase por sí mesma. Dixemos presencia, sí. Pero coa presencia apuntada queremos aludir á existencia dun traballo que, como tal, enxendrará unha técnica. Unha técnica poética, claro é. Que non pode ser outra cá que leva ó poeta á transformación de que viví u nun todo que, coma dixo Dilthei, só existe na imaxinación do ouvinte ou do lector, que
enxendra ilusión e produce, pola enerxía sensible do complexo de imaxes, un forte contido emocional, un significado para o pensamento e, por outros medios menos acaídos, unha satisfacción duradeira.

Por eso Martínez-Conde indaga, pescuda, imaxina e móvese nuns «momentos valeiros» para desexar, e desexa por todos nós, o coñecemento «da orixe» daquel «que nos puxo preto dos nomes». Porque Martínez-Conde sabe que sen nomes non hai existencia. Só falamos e sentímo-lo que coñecemos por teren nome. Por eso poéticamente apunta que vedrañas preguntas non foron despexadas polos primeiros deuses. ¿É de lamentar? Diránolo poéticamente sinalando como escenario unha illa que «desoe a forza do mar», para afirmar que
Alí, na lentitude da rocha
é onde o entendemento desexaría un criterio
do que a illa suxire

Do prólogo de Marino Dónega

(Bien mirado, si algo no necesita justificación no puede ser otra cosa que la poesía. Porque es o no es. Y su presencia se justifica por sí misma. Sí, hemos dicho presencia. Pero con la presencia mencionada queremos aludir a la existencia de una obra que, como tal, genera una técnica. Una técnica poética, por supuesto. Que no puede ser otra cosa que aquello que lleva al poeta a transformar lo vivido en un todo que, como decía Dilthei, solo existe en la imaginación del oyente o lector, que genera ilusión y produce, mediante la energía sensible del conjunto de imágenes, un fuerte contenido emocional, un significado para el pensamiento y, por otros medios menos comunes, una satisfacción duradera.

Por eso Martínez-Conde indaga, busca, imagina y se mueve en ciertos «momentos vacíos» para desear, y desea para todos nosotros, el conocimiento «del origen» de aquello «que nos acerca a los nombres». Porque Martínez-Conde sabe que sin nombres no hay existencia. Solo hablamos y sentimos lo que conocemos porque tiene un nombre. Por eso, señala poéticamente que los primeros dioses no aclararon las viejas preguntas. ¿Es algo a lamentar? Nos lo dirá poéticamente, señalando como escenario una isla que «resuena con la fuerza del mar», para afirmar que
Allí, en la lentitud de la roca,
es donde el entendimiento desearía un criterio
de lo que la isla sugiere)

Del prólogo de Marino Dónega

Nos libros é onde nacen a paisaxe,
a muller,
as concepcións filosóficas.
Neles puxen gran parte da miña vida
para, con adicción, gaña-los seus froitos,
máis doados ca aqueles nacidos
baixo sospeita, ó amparo
de hipócritas asentimentos.
Non será, ben o sei, grande
a dita nin extensa a convicción,
máis a fraxilidade de canto acade
terá a beleza do perecederiro

 

(En los libros nacen el paisaje,
la mujer,
las concepciones filosóficas.
En ellos he invertido gran parte de mi vida,
para, con avidez, obtener sus frutos,
más fácilmente que aquellos nacidos
bajo sospecha, al amparo
de un asentimiento hipócrita.
Sé bien que la felicidad no será grande,
ni la convicción extensa,
pero la fragilidad de lo que se logre,
tendrá la belleza de lo perecedero)

Género: Verso
Lengua: Gallego
Editorial: Zadar
Año: 1990